TROITA COMÚN ( Salmo trutta fario )

TROITA COMÚN ( Salmo trutta fario )
Río Camba, encoro das Portas - ano 1999. JOSÉ ANTONIO GONZÁLEZ FEIJÓO

lunes, 2 de abril de 2007

O DESCANSO DO GUERREIRO!!!


A pesca é moi bonita: os días previos faise acopio de material en abundancia (cucharillas, sedal, etc.), a noite anterior revísase a caña, as botas, a cesta, etc. Logo, o día de "autos" esa sensación de armar a caña, colocar a cucharilla en penumbras, e coa mesma faer o primeiro lance... e non digamos nada cando temos a sorte de que unha fermosa troita pega ese intenso tirón que rápidamente nos fai subir as pulsacións e...pero eso si, coma unha boa sesta despois
dunha "dura" xornada de pesca NON HAI NADA QUE SE LLE COMPARE.

VAIA PESCA!!!!!


Facéndolle caso a Delibes, nós (Jose Antonio, Pepe, Fran e Alfredo) aproveitamos (coma xa é tradición) o primeiro día de pesca de cada temporada para respirar aire puro das montañas de Vilariño de Conso. Unha bonita paraxe, normalmente fría a estas alturas do ano e que sempre nos obsequia coa captura dalgunha fermosa troita. E se non, e como di o refrán popular: “más si no hubiese truchas, buenas son centollas de la ría”.
Ademáis de disfrutar da arte da pesca, entendemos que “pero, a pesar de todo, hay algo que, ni el tiempo ni los hombres lograrán hacer desaparecer: la amistad. Una amistad, que cuando esta se forja alrededor de la pesca, se nos da eterna” (Enric Padrós, 2007).